Instituto galego de formación en Acuicultura

A Nosa Historia

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura inaugurouse o 15 de maio de 1992, coa finalidade de cubrir o baleiro formativo existente entre o marisqueo e o nivel universitario. Xa de inicio, aparecía a súa preferente dedicación a formar técnicos/as en acuicultura, pero tamén a súa vocación de abrirse á formación ocupacional e universitaria, á investigación, aos intercambios e á cooperación, algo que non deixou de facer ao longo dos seus case 30 anos de existencia.

Dende a súa acreditación como Centro de Referencia Nacional comezou unha nova etapa, marcada pola pandemia da Covid-19 e polo auxe das novas tecnoloxías da información e da dixitalización.