Máis información e documentación sobre o proceso de
Admisión aos ciclos formativos na sección
Descargas.
Familia profesional
Actividades marítimo-pesqueiras.
Duración
2000 horas. Modalidade: presencial.
Competencia xeral (¿Qué se aprende a facer?)
Planificar, organizar, xestionar e controlar unha explotación acuícola conseguindo a calidade requirida, en condicións axeitadas de seguridade e hixiene.
Contorno funcional
Planificación e programación de cultivos, análise de costes, produción e apoio técnico, control e seguimento, xestión de recursos, interpretación e execución das normas de seguridade, control de calidade e inspección.
Ocupación e postos de traballo máis relevantes
Técnico de instalacións acuícolas, técnico de cultivo de moluscos, técnico de cultivo de crustáceos, técnico piscicultor, técnico de criadeiro e técnico de piscifactorías.
Requisitos de acceso xerais
Acceso Directo:
» Título de Bacharelato.
» Título de Técnico Especialista (FP de 2º Grao).
» Ter superado o Curso de Orientación Universitaria (COU).
» Ter superado calquera Bacharelato Experimental da Reforma de EE.MM.
Acceso indirecto:
As persoas que non cumpran ningún dos requisitos académicos que permiten o acceso directo, poden solicitar a súa admisión ao ciclo despois de superar unha proba que anualmente convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (“Proba de acceso”), á que se pode concorrer:
» Con 19 anos.
» Con 18 anos, tendo o título de Técnico de Grao Medio e querendo acceder a un ciclo da mesma familia profesional.
NOTA: Ambos tipos de acceso son incompatibles.
Número de prazas
40 prazas (2 grupos de 20).
Acceso a outros estudos
Diplomado en Máquinas Navais, Diplomado en Navegación Marítima, Diplomado en Radioelectrónica Naval, Enxeñeiro Técnico Aeronáutico (tódalas especialidades), Enxeñeiro Técnico Agrícola (especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias), Enxeñeiro Técnico Forestal (tódalas especialidades), Enxeñeiro Técnico Naval (tódalas especialidades), Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación (tódalas especialidades), Licenciado en Bioloxía; Licenciado en Ciencias do Mar.
Ensinanzas
PRIMEIRO ANO ACADÉMICO:
» Organización do proceso produtivo acuícola (240 horas).
» Cultivo de moluscos (265 horas).
» Cultivo de peixes (215 horas).
» Produción de cultivos auxiliares (185 horas).
» Horas a disposición do centro (55 horas).
SEGUNDO ANO ACADÉMICO:
» Cultivo de crustáceos (180 horas).
» Administración, xestión e comercialización na pequena empresa (80 horas).
» Relacións no contorno laboral (55 horas).
» Formación e orientación laboral (55 horas).
» Proxecto Integrado (230 horas).
» Formación en centros de traballo (440 horas).
Horario
» Luns a venres, de 9:00 a 14:30 horas. Modalidade: presencial.
» Luns e mércores, de 16:00 a 18:30 horas. Modalidade: presencial.
Familia profesional
Actividades marítimo-pesqueiras.
Duración
1700 horas. Modalidade: presencial.
Competencia xeral (¿Qué se aprende a facer?)
Realizar operacións de cultivo acuícola, o mantemento de primeiro nivel das instalacións e a administración e xestión dunha pequena explotación, conseguindo a calidade requerida da colleita en condicións axeitadas de seguridade e hixiene.
Contorno funcional
Producción, preparación, execución, control, manipulación e envasado.
Ocupación e postos de traballo máis relevantes
Piscicultor, bateeiro, mariscador, auxiliar de criadeiro e acuicultor de engorde.
Requisitos de acceso xerais
Acceso Directo:
» Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. (ESO) ou equivalente.
» Ter superado o 2º curso de Bacharelato Unificado Polivalente (2º de BUP).
» Título de Técnico Auxiliar ou equivalente (FP1).
» Ter superado o 2º curso do Primeiro Ciclo Experimental da Reforma de EE.MM.
Acceso indirecto:
As persoas que non cumpran ningún dos requisitos académicos que permiten o acceso directo, poden solicitar a súa admisión ao ciclo despois de superar unha proba que anualmente convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (“Proba de acceso”), á que se pode concorrer:
» Con 17 anos.
» Tendo superado un Programa de Garantía Social (actualmente Programas de Cualificación Profesional Inicial, PCPIs).
NOTA: Ambos tipos de acceso son incompatibles.
Número de prazas
20 prazas.
Acceso a outros estudos
Bacharelatos.
Ensinanzas
PRIMEIRO ANO ACADÉMICO:
» Instalacións e equipos de cultivo (110 horas).
» Técnicas de cultivo de moluscos (185 horas).
» Técnicas de cultivo de crustáceos (80 horas).
» Técnicas de cultivo de peixes (160 horas).
» Técnicas de cultivos auxiliares (80 horas).
» Parámetros e condicións de cultivos (80 horas).
» Administración, xestión e comercialización na pequena empresa (80 horas).
» Relacións no contorno de traballo (55 horas).
» Formación e orientación laboral (55 horas).
» Horas a disposición do centro (75 horas).
SEGUNDO ANO ACADÉMICO
» Formación en centros de traballo (740 horas).
Horario
» Luns a venres, de 9:00 a 14:30 horas. Modalidade: presencial.
» Luns e mércores, de 16:00 a 18:30 horas. Modalidade: presencial.
Familia profesional
Actividades marítimo-pesqueiras.
Duración
1400 horas. Modalidade: presencial.
Competencia xeral (¿Qué se aprende a facer?)
Realizar traballos subacuáticos aplicando as distintas técnicas de inmersión e normas de seguridad, con aire, nitrox ou osíxeno ata 60 mca, manexando equipos, ferramentas e plantas de mergullo, mantendo en perfectas condiciones de utilización os equipos, as ferramentas e o material auxiliar. Efectua-las xestións administrativas procedentes.
Ocupación e postos de traballo máis relevantes
Mergullador, soldador subacuático, operador de soplete subacuático, operador especialista en obras hidráulicas, operador especialista en explosivos, operador de cámara hiperbárica, operador de campá de inmersión, técnico en instalacións hiperbáricas, etc.
Requisitos de acceso xerais
Acceso Directo:
» Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. (ESO) ou equivalente.
» Ter superado o 2º curso de Bacharelato Unificado Polivalente (2º de BUP).
» Título de Técnico Auxiliar ou equivalente (FP1).
» Ter superado o 2º curso do Primeiro Ciclo Experimental da Reforma de EE.MM.
Acceso indirecto:
As persoas que non cumpran ningún dos requisitos académicos que permiten o acceso directo, poden solicitar a súa admisión ao ciclo despois de superar unha proba que anualmente convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (“Proba de acceso”), á que se pode concorrer:
» Con 17 anos.
» Tendo superado un Programa de Garantía Social (actualmente Programas de Cualificación Profesional Inicial, PCPIs).
NOTA: Ambos tipos de acceso son incompatibles.
Requisitos de acceso específicos
» Ter 18 anos.
» Superar probas físicas (en terra e piscina), médicas, psicolóxicas e de compresión e tolerancia ao osíxeno hiperbárico (cámara hiperbárica).
Número de prazas
12 prazas.
Acceso a outros estudos
Bacharelatos.
Ensinanzas
PRIMEIRO ANO ACADÉMICO:
» Inmersión a media profundidade (240 horas).
» Procedimentos de corte e soldadura subacuática (110 horas)
» Traballos subacuáticos de obras hidráulicas e con explosivos (185 horas).
» Reparacións a flote e reflotamentos (160 horas).
» Fisiopatoloxía do mergullo e asistencia sanitaria de urxencia a mergulladores (80 horas).
» Adminstración, xestión e comercialización na pequena empresa (80 horas).
» Formación e orientación laboral (55 horas).
» Horas a disposición do centro (50 horas).
SEGUNDO ANO ACADÉMICO
» Formación en centros de traballo (440 horas).
Horario
» Luns a venres, de 9:00 a 14:30 horas. Modalidade: presencial.
» Luns e mércores, de 16:00 a 18:30 horas. Modalidade: presencial.
IMPORTANTE: A información aquí recollida pode verse modificada pola normativa en materia educativa que periodicamente se publica, polo que é importante que o alumnado aspirante a cursar este ciclo consulte as instrucións e posibles modificacións na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia dedicada especificamente ás ensinanzas de Formación Profesional (http://www.edu.xunta.es/fp) ou ben se poña en contacto co IGaFA.